Sin categoría

Cabo de Cruz contará cos demandados pantaláns

O Concello de Boiro procederá á dotación dos pantaláns de Cabo de Cruz en colaboración coa Xunta de Galicia, a Consellería do Mar e Portos de Galicia. Esta trátase dunha actuación que se viña demandando desde fai bastante tempo e, finalmente, solucionarase.

Así mesmo xa lles foi comunicado aos usuarios dos pantaláns, os cales amosaron a súa satisfacción ao non esperar que se realizase con tanta rapidez.

Con esta obra a Xunta de Galicia afonda no compromiso de dar resposta ás necesidades do sector profesional de Cabo de Cruz que se iniciou coa dotación de abrigo, a través da creación dunha nova dársena na que se investiron 12 millóns de euros.

Salir de la versión móvil