Rianxo

O bivalvo logra bos prezos na lonxa de Rianxo

O marisqueo vai a bo ritmo en Rianxo, tras unha parada de 15 días para deixar medrar o bivalvo, dado o seu pequeno tamaño, a campaña vai agora mellor, costa coller os topes, pero os prezos recuperáronse e mantéñense á alza. A facturación na lonxa de Rianxo está en niveis do pasado ano ou incluso os supera.

O bivalvo cotiza á alza na subasta, así a ameixa fina chegou hoxe ós 40 euros, e a babosa oscila entre os 22 e os 13 euors.

Os mariscadores rianxeiros traballan con topes de 5 kilos de babosa, 3 de xapónica e 1 kl de fina.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.