jueves, septiembre 28, 2023

Os amantes do remo teñen unha cita o 24 de xullo en Cabo de Cruz

O día 24 de xullo, ás 12:00 do día, desputarase en Cabo de Cruz a XXVI Bandeira Concello de Boiro. Esta correspóndese coa 9ª regata puntuable da Liga San Miguel e conta coa participación de todos os clubes da Asociación de Clubes de Traíñas. A proba realizarase polo sistema en liña, a catro longos e tres ceavogas cun percorrido de 5.556 metros. As quendas estarán compostas segundo os resultados obtidos na regata do día anterior en Moaña. A reunión de delegados celebrarase ás 10:30 no salón de actos da Asociación de Mexilloeiros de Cabo de Cruz (AMC). Na mesma procederase ao sorteo de carreiros de cada quenda. As normativas, regulamentos e código de regatas a aplicar serán os propios da Asociación de Clubes de Traiñeiras.

Ademais, repartiranse numerosos premios en metálico. A asignación será maior canto máis alto sexa o posto alcalzado. A maiores, o primeiro clasificado levará a bandeira acreditativa que se entregará na auga.

O Clube de Remo de Cabo de Cruz non é un claro candidato a gañar a bandeira, xa que todo apunta a que o San Juan Iberdrola ou o NT2 Hondarribia conquistarán a regata. Aínda así, non descartan a posibilidade de alzarse coa vitoria.

Tamén se fixo mención especial a Arturo Romero, coñecido polo alcume de «Foca», quen finou o pasado domingo desfrutando dunha das súas grandes paixóns, o remo.

Dita regata será organizada polo Clube de Remo de Cabo de Cruz e pola Asociación de Clubes de Traíñas, ademais de ser patrocinada polo Concello de Boiro. Dende este último están moi orgullosos polo feito de que se elixise este punto da comarca da Barbanza para a celebración do evento. Consideran que Boiro se está convertindo nun referente para este deporte e felicitaron aos organizadores da cita. A pesar de que o alcalde non poderá asistir ao encontro por motivos de axenda, comprometeuse en que acudirá o concelleiro de deportes e tentará que vaia alguén da Xunta.

Toda aquela persoa que se achegue ata o lugar poderá desfrutar de diversas actividades e degustacións.

https://www.youtube.com/watch?v=16G89213Jd4

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.