Icono del sitio CanalBarbanza.com

O CORONEL JAMBRINA PASA A FORMAR PARTE DA RESERVA

Cartel de YouTube
Toda etapa ten a súa fin, e o xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña, o coronel Francisco Javier Jambrina, deixará o seu cargo logo de anos de servizo para pasar á reserva. O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, recibiu esta mañá ao coronel Jambrina ao que lle agradeceu o compromiso e todo o traballo realizado nos seus máis de 35 anos de servizo e, en especial, a súa entrega e compromiso na loita contra a criminalidade desde que entrou a dirixir a comandancia da provincia da Coruña no 2015.

Miñones afirmou que o coronel Jambrina serviu cidadanía da Coruña con honra, eficacia, e excelencia e puxo en valor a súa contribución á seguridade da cidadanía. Baixo o mando do coronel Jambrina, nos últimos sete anos a Comandancia da Garda Civil da Coruña resolveu casos destacados como o crime de Diana Quer e xestionou a participación da Garda Civil na crise sanitaria da COVID-19.

Ademais Francisco Javier Jambrina tamén realizou un destacado labor á fronte dos equipos VioGen da Coruña, as unidades especializadas en combater a violencia de xénero desde os cuarteis da Garda Civil. Na provincia, son preto de 2.000 as mulleres que contan esta protección por situacións de risco.

O coronel Jambrina tiña tamén moita relación coa comarca do Barbanza, onde asisteu a numerosos actos, ademais de dirixir a Comandancia da Garda Civil na resolución do crime de Diana Quer.

Salir de la versión móvil