Hai dous anos afrontábanse estas datas con moitas diferenzas ao que a sociedade estaba acostumada. A chegada do coronavirus obrigou a cancelar moitas tradicións do Nadal, entre elas as ceas de empresas para festexas estes días. Despois de dous anos de limitacións de aforo, de uso de máscara e de incertezas, volveron estas citas. Congalsa retomou o venres este habitual celebración con moito éxito, cita que se desenvolveu no pazo Torre de Goián e á que acudiron 320 traballadores.
A chegada dos asistentes rematou de confirmar as gañas que se tiñan de volver a desfrutar destas veladas, xa que os traxes, os brillos e a proximidade encheron o recinto. Os asistentes, un 70% do total dos empregados da firma pobrense, desfrutaron dun gran banquete que foi continuado cun prolongado baile co que se deu fin a esta cea de Nadal.
Tamén houbo tempo para os agradecementos. O director xeral de Congalsa, Luis Miguel Simarro, puxo en valor o compromiso, o traballo e o esforzo diario de todas as persoas que forman parte da empresa, agradecéndolles a súa implicación.
Ademais a firma da Pobra xa conta coas súas postais de Nadal, xa que hoxe se deron a coñecer aos gañadores do concurso de postais realizado por Congalsa. O premiados foron Diego Fernández, de 6 anos, Carla Fontao, de 8, e Isabel Cabello de 14. na categoría de adultos a gañadora foi Noemí Gil, directora do departamento TIC da empresa.


