No 2023 os barcos galegos solo poderán capturar 3271 toneladas de xurelo. Así o comunicou a Unión Europea na reunión desta semana onde se especificaron os totais admisibles de capturas e cotas (TAC) para o próximo ano.
No caso do xurelo, só se poderá pescar de forma accidental, o que supón un desastre para o cerco galego.


