Icono del sitio CanalBarbanza.com

A POBRA REUNIRASE CON PORTOS DE GALICIA PARA POR SOLUCIÓN AO CONFLITO CO CLUB REMO PUEBLA

Cartel de YouTube
O alcalde da Pobra do Caramiñal reunirase esta semana coa presidenta de Portos de Galicia para chegar a un acordo, tras o conflito xurdido pola cesión dunha nave na zona portuaria ao Club Remo Puebla.

Un conflito que ten a súa orixe en setembro do 2020 cando o rexedor trasladoulle a Portos de Galicia a necesidade dun espazo para que o club poida desenvolver a súa actividade. Nesa reunión valorouse a posibilidade de ocupar unha das naves situadas preto do edificio de usos náuticos. Ao mes seguinte, en outubro un representante de Portos entregou directamente as chaves á directiva do club de remo sen solicitude formal de ocupación nin autorización previa.

Salir de la versión móvil