Accidente con dúas persoas feridas de carácter leve en Runs,Boiro

Dúas mulleres resultaron feridas de carácter aparentemente leve nun accidente que se rexistrou esta mañá en Runs, no concello de Boiro. O accidente acontecía as 10:45 da mañá, cando un vehículo trataba de acceder a estrada de Runs e colisionaba con outro turismo que baixaba dirección Boiro pola estrada de Runs. Dende o 112 deron aviso ós Bombeiros de Boiro, a Garda civil de Tráfico e unha ambulancia do 061.

Ó parecer a falta de visibilidade puido ser a causa da colisión, xa que o millo de medio metro de altura prantado na finca que linda con ambas estradas impedía a visibilidade.

Como resultado da colisión dúas mulleres resultaron feridas leves, con fortes dores nas cervicais, polo que foron trasladadas por unha ambulancia do 061 ata o hospital do Barbanza. Trátase de J.P.S. de 73 años e M.T.L. de 15 anos, ambas veciñas de Pazo de Coroño.

Veciños e conductores consideran que a colocación dun espello neste lugar facilitaría a visibilidade no acceso dos vehículos á estrada.

https://www.youtube.com/watch?v=_XRl0sxW0Zc

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.