Sin categoría

Situación actual sobre o conflito na zona do Carreiro

Semella que a situación está tranquila polo de momento na zona de marisqueo do Carreiro. Nestes intres non se están dando problemas como os das últimas semanas. Mais, tal e como asegura o patrón maior de Aguiño, o conflito aínda segue aí á espera de que se lle poña unha solución.

Por esta razón tentarán buscar consenso e continuarán intentando obter resposta por parte da Consellería do Mar.

Ademais, este ano en Aguiño non se celebrará nin a Festa da Navalla nin a Festa do Percebe. Pero aseguran que isto non se debe ao conflito en sí, senón porque os ánimos non están para festas.

Dende ambas cofrarías esperan que isto se solucione o antes posible.

Salir de la versión móvil