O Consistorio ribeirense como aula de aprendizaxe para un cento de cativos

Ao redor de 120 nenos e nenas pertencentes aos distintos campamentos do Verán Cultural de Ribeira visitaron as instalacións do Consistorio.

Deste xeito, tiveron a ocasión de coñecer como é o funcionamento de novas dependencias como é a Oficina de Atención Cidadá, así como de reunirse co alcalde, Manuel Ruiz, no salón de plenos. Alí preguntoulles por todo o que levan aprendido nesta iniciativa, a cal procura fomentar a educación dos pequenos coa conciliación da vida familiar e laboral dos seus pais.

Sen dúbida, estas actividades están sendo moi frutíferas para os rapaces, xa que aprenden ao tempo que se divirten.

Os cativos foron agasallados cunhas larpeiradas nun acto que concluíu cunha foto de familia nos soportais da Casa do Concello.

https://www.youtube.com/watch?v=u0Sdq8bjon8

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.