Baixo a organización da Sociedade Deportiva Barbantia Rodas e o Concello de Boiro, e co apoio de Jealsa Rianxeira, Boiro acolle por segundo ano a Carreira nocturna, Noite Jealsa. Esta competición deportiva celébrase o 23 de xullo cun percorrido de 8 kilómetros pola rúa peonil de Boiro ata Escarabote. A proba foi presentada hoxe na Casa consistorial de Boiro, nun acto no que participaron o alcalde Juan José Dieste, o concelleiro de Deportes Nolo Romero, Manolo Gómez, presidente de Barbantia Rodas e Marga Hermo, en represantación de Jealsa Rianxeira.
As probas nas categorías inferiores, de 4 a 14 anos comezan as 21:30 e saída para a categoría absoluta será as 22:45.
A empresa conserveira Jealsa Rianxeira, con sede en Boiro, leva anos patrocinando e promocionando o deporte para fomentar unha vida máis saudable entre os nenos e nenas.
O alcalde de Boiro destacou que o deporte e o fomento dunha vida mais saudable é unha das liñas de apoio nas que se implica o concello.
https://www.youtube.com/watch?v=K2r-jnZuC1I