A DXT puxo en funcionamento unha campaña especial dedicada á vixilancia e control en carreteira das condicións de seguridade de vehículos, sobre todo no referido a revisión de freos, luces e pneumáticos. Na comarca, os talleres non notaron un aumento de condutores que precisan un cambio de rodas, debido en parte a que na actualidade a poboación non espera á última hora para trocar este compoñente, tendo en conta o prezo da multa.
O AUMENTO DOS PREZOS DAS RODAS DOS VEHÍCULOS NÓTASE NA COMARCA


