Usuarios de Amicos participan no voluntariado ambiental en Sálvora

Un grupo de seis usuarios do Centro de Día e do Centro Ocupacional de Amicos participaron hoxe nunha xornada de voluntariado e lecer na Illa de Sálvora no marco do programa da Xunta de Voluntario Ambiental no Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Os seis voluntarios da Asociación Amicos colaboraron na retirada dos restos que arrastran os temporais ata as praias, na erradicación de especies alóctonas e adecuación de camiños, entre outras. Ademais, dispuxeron de tempo de lecer para disfrutar da natureza e das praias da Illa, cuxo acceso está restrinxido.

Amicos leva varios anos colaborando co Parque Nacional na organización de grupos de voluntarios que regularmente axudan a coidar espazos protexidos.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.