¿Qué nome lle poría ó seu fillo?

Tras coñecerse o caso duns pais de Fuenlabrada que queren por ó seu fillo o nome de Lobo, e se atoparon coa negativa do rexistro para facelo, a polémica está servida. Saímos á rúa para coñecer que opinan os veciños da Barbanza, porían este ou outros nomes ós seus fillos e fillas. Hai opinións para todos os gustos.

O nome identifícanos dende o primeiro momento en que nacemos, xa vai pegadiño a nos na cuna do mesmo hospital, pero no só iso, o nome pode marcarnos de por vida, cantas Marías non foron chamadas Marocas, a cantos Pedro non lle chamaron Picapedra, e que tantos Marcos non lle chamaron Marco Polo, e que a infancia pode ser moi dura, sobre todo na escola.

A televisión e o cine, a música e o fútbol son un clásico á hora de escoller nome, Heidi marcou unha época en España, hai nada menos que 268 Heidi españolas, 578 Shakira e 96 Neymar.

https://www.youtube.com/watch?v=zyb_jNh20hM

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.