Un operario dunha empresa do polígono da Tomada recibe un forte golpe na cabeza mentres traballaba

Ás 11:00 da mañá un traballador dunha empresa de transformación de peixe ubicada no polígono da Tomada resultou ferido de gravidade tras recibir un forte golpe na cabeza cunha caixa metálica.
Un particular alertaba ó 112 que de inmediato deu aviso a Urxencias Médicas, a Protección Civil da Pobra e á Garda civil. Ó chegar á nave comprobaron que un mozo de 33 anos e que responde ás iniciais J.S.B.M, presentaba feridas na cabeza de carácter grave, polo que de inmediato foi evacuado por unha ambulancia do 061 ata o hospital da Barbanza. Dada a gravidade das lesións protección civil da Pobra acompañou á ambulancia durante o traslado do ferido ata o centro hospitalario abríndolle o paso para chegar o antes posible. Tras unha primeira exploración en urxencias do Barbanza o mozo foi derivado ó Hospital Clinico de Santiago onde está ingresado na unidade de coidados intensivos con pronóstico reservado.

https://www.youtube.com/watch?v=or1BCoalkXI

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.