A policía autonómica detén un home como presunto autor de tres incendios forestais intencionados no concello de LOUSAME

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica en Santiago informaron esta mañá da detención do presunto autor de tres incendios forestais intencionados nos que arderon máis de 3.500 metros cadrados de monte no concello coruñés de Lousame.

Os incendios rexistráronse o 4 de maio, o 29 de xuño e o 5 de xullo, respectivamente, na parroquia de Fruime, en Lousame, unha zona considerada como unha das de maior actividade incendiaria. Estes incendios rexistraron as mesmas características e modus operandi tanto nas franxas horarias, como nos medios empregados para causar os mesmos.

Nas tarefas de extinción como de investigación, contouse coa importante colaboración dos Servizos de Extinción de Incendios da Xunta de Galicia, Distrito Forestal IV. Polos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución en funcións de garda de Noia.

Na actual campaña anti-incendios, a Policía Autonómica xa leva investigadas a trinta e unha persoas por delitos relacionados cos incendios forestais.

https://www.youtube.com/watch?v=T3Pb2j-F81U

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.