Muros

O concello de Muros realiza melloras en camiños e parques infantís

O Concello de Muros está a realizar diversas melloras nos parques infantís de Furón e no parque do colexio Ramón de Artaza, coa finalidade de adecualos para mellor desfrute dos rapaces e rapazas, e para mellorar a seguridade dos mesmos. Tamén se están realizando diversas actuacións de mellora con cargo ó POS da Deputación da Coruña en camiños do municipio. Malia que as actuación máis importantes son as que se están a acometer en saneamento.

A renovación dos parques realízase cunha achega da Xunta de Galicia que ronda os 40,000 euros.

Segundo explicou a alcaldesa muradá quedan todavía pendentes varias actuacións en outros parques infantís do municipio, nos cales se irán facendo arreglos coa brigada de obras.

https://www.youtube.com/watch?v=QWoJ6XeFZFU

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.