O pasado 26 de maio os orzamentos da Pobra foron levados ó pleno da corporación para a súa aprobación inicial sen éxito, os tres grupos da oposición votaron en contra duns orzamentos que calificaron de continuistas e sen proxecto de futuro para a vila. O BNG criticou que non se recollesen as demandas veciñais, que ían incluídas nun documento presentado polos nacionalistas ás reunións que se mantiveron co equipo de goberno previas á presentación dos orzamentos ó pleno. Tratábase dunha proposta para elaborar uns orzamentos como o primeiro paso para transformar o concello a medio e longo prazo; no que se incluían ademais propostas aprobadas en pleno. Agora parece que a situación cambia nesta segunda volta, e os orzamentos si van recoller as demandas do BNG,
Tamén se recollen investimentos comprometidos na mellora da rede de saneamento e subministración de auga potable, tanto para este ano como os vindeiros
Ante este cambio os membros do BNG confirmaron a súa intención de votar a favor dos orzamentos municipais.
https://www.youtube.com/watch?v=plFEKIXRDGA