As Festas de Verán de Ribeira celebraranse do 3 ao 7 de agosto e abrirán co pregón do físico, investigador e divulgador científico Jorge Mira.
As festas comezarán a primeira hora da mañá do mércores 3 de agosto, día dedicado á emigración, con 21 bombas de palenque e coas dianas e alboradas do grupo de gaitas O Rueiro dos Fillos de Palmeira, mentres que o paiaso Popín actuará para os máis cativos na praza do Concello. Jorge Mira ofrecerá o seu pregón ás 22:00 da noite dende o balcón da Casa do Concello e ás 23:00 haberá unha gran verbena no Malecón amenizada pola orquesta Saudade.
Os pratos fortes terán lugar ao longo de todo o fin de semana. Estes serán as actuacións de Macaco, Seguridad Social e da gaiteira Susana Seivane, así como os fogos de artificio previstos para o domingo.
A comisión de festas está formada por Roi Fontaiña, Jesús Paz e José Alonso, quen é o presidente da mesma. Este último sinalou que todo isto non sería posible sen a colaboración do Concello de Ribeira e de persoas particulares.
O programa de actividades extenderase ata o 7 de agosto, ampliando unha xornada a maiores dedicada ao neno coas atraccións de feira a prezos populares.
https://www.youtube.com/watch?v=Vgd92q-tHQ4