A sanidade tomou protagonismo no pleno ordinario da Pobra do Caramiñal, celebrado este xoves. A moción do equipo de goberno de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular promovida pola plataforma SOS Sanidade Pública causou debate.
O equipo de goberno explicou que entre os acordos que se solicitan están a necesidade de mellorar a Atención Primaria, incorporar novas categorías como psicoloxía ou atención temperá ou reabrir as consultas e pac de urxencias pechados durante os últimos anos, amais de incrementar o persoal médico. Acordos que dende SOS Sanidade Pública pretenden levar ao parlamento galego.
Esta moción de apoio á plataforma contou cos votos favorables de Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE.


