O fillo predilecto da Pobra é o protagonista do mes de decembro. O ciclo Victoriano García Martí cumpre catro anos e ven cargado de conferencias, música e libros, a primeira fin de semana de decembro no Auditorio do Museo Valle-Inclán.
Unha nova edición para reivindicar a súa figura e darlle o seu lugar no panorama cultural galego. Un veciño con mente cosmopolita, progresista e feminista, ademais de gran difusor da cultura galega e da liberdade de prensa.


