O BNG da Pobra presenta unha moción relativa á necesidade de ampliación de horarios e servizos na biblioteca municipal

O Bloque Nacionalista Galego da Pobra do Caramiñal presentou unha moción para o seu debate no pleno deste mes relativa á necesidade de dinamizar a Biblioteca Municipal.
Dende as filas nacionalistas dan conta do curto horario que manteñen estas dependencias no verán, tan so abren ó público de oito da mañá a dúas da tarde, polo que agardan que se amplíe o horario para adaptalo ás necesidades dos usuarios. Piden ademais que se que se elabore un plan anual de actividades para o fomento da lectura.

Cristina Andrade explicou ademais que dado o importante número de libros e de material audiovisual do que dispón a biblioteca, o Goberno Municipal debería comezar a facer xestións para buscar unhas instalacións mais adecuadas para ubicar a biblioteca.

Os concelleiros do BNG piden tamén que se achegue ás parroquias e mesmo ás praias a cultura e os libros, coa creación de seccións parroquiais da biblioteca ou mantendo unha “biblioteca móbil”. Do mesmo xeito piden a creación dun grupo de voluntariado cultural que contribúa á materialización, entre outras, das actividades propostas nesta moción.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.