Dende Boiro Novo denuncian a nefasta política de plenos que ten o Concello de Boiro. Neste municipio celébrase o mínimo de plenos legais que é de un cada dous meses. Mais este grupo municipal considera que non é suficiente tendo en conta o número de habitantes.
Tamén sinalan que se non se fan os plenos mensuais é pola incapacidade e inoperatividade que ten o Executivo local.
Así mesmo, indican que non é normal que no mes de xullo haxa asuntos sen tratar que veñen de novembro.
Por esta razón, instan ao alcalde a que exerza as capacidades que a lei lle impón.
https://www.youtube.com/watch?v=Sujw0HjStcs