Durante o pasado verán o Goberno local de Muros comezou a desenvolver unha serie de visitas guiadas polo municipio. Realizábanse en zonas como o casco histórico e para coñecer o patrimonio arqueolóxico, visitando por exemplo, petróglifos. Obtiveron unha gran resposta da xente, chegando a cubrirse todas as prazas. Debido a este gran recibimento, o concello estendeu a actividade ao longo de todo o ano.
O CONCELLO DE MUROS REAFIRMA A SÚA APOSTA POLAS RUTAS DE SENDEIRISMO.


