A Xunta presentou un recurso contra o Ministerio de Transición Ecolóxica, que pretende cobrar un canon estatal en terreos de dominio portuarios adscritos. É dicir as superficies que tiveron que ampliarse despois de que os molles foran transferidos polo Estado ás comunidades autónomas.
Así, onte representantes do sector marítimo – pesqueiro reuníronse coa presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, quen puxo este problema sobre a mesa, xa que este canon afectaría ás distintas actividades portuarias como lonxas, ou portos deportivos.


