Muros

A xunta comprométese coas persoas con discapacidade

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado pola directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro, visitou no día de hoxe a Asociación Misela de persoas con discapacidade das comarcas de Noia e Muros. A súa chegada foron recibidos polo alcalde de Noia, Santiago Freire, parte dos membros da coporación local e os directivos de A Misela e Cogami. Alí, o conselleiro ratificou o compromiso da Xunta coas persoas que teñen algunha discapacidade, así como coas entidades de toda Galicia que traballan pola integración familiar, escolar, social e laboral destas persoas. Neste eido, o responsable da carteira social do Goberno galego, anunciou que neste ano 2016 a Consellería de Política Social porá a disposición dos galegos 5 novas prazas de atención á discapacidade nesta área.O Consello da Xunta aprobou no día de onte o decreto mediante o cal se establecen os requisitos de funcionamento dos servizos para a promoción da autonomía e a atención ás persoas en situación de dependencia. Unha norma innovadora, dixo o conselleiro, “que ampliará a esfera de servizos que se poñen a disposición das persoas con dependencia e aumentará a posibilidade de actuación das entidades e empresas do sector, permitindo unha maior optimización dos seus recursos no ámbito dos servizos sociais”.Nesta liña, o conselleiro gabou o traballo da Asociación Misela que procura a promoción da autonomía e a integración das persoas con discapacidade a través da mellor atención, así como o asesoramento, a defensa dos dereitos, a prevención de posibles discapacidades, a inclusión laboral e o exercicio físico destas persoas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.