ATLÉTICO RIVEIRA E CELTA DE VIGO establecen relacións de colaboración para potenciar a canteira do CLUB BARBANZÁ

O Atlético Riveira e o Celta de Vigo firmaron hoxe dous convenios de colaboración para desenvolver a canteira de ambos clubs.

Germán Arteta como director da Fundación Celta de Vigo e Juan Fungueiriño como presidente do Atlético Riveira foron os encargados de asinar ambos acordos ante a presenza do alcalde Manuel Ruiz e de dous veciños moi ligados ao celtismo: Antonio Arca, presidente da peña celtista na nosa localidade e José Manuel Parda Alvite Suco, quen xogara tanto no equipo da cidade olívica como no barbanzán.

En virtude do primeiro dos convenios, cunha duración de 4 anos, o club riveirense pon a disposición do Celta de Vigo todos os seus xogadores adscritos aos seus equipos prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil: un acordo que leva implícito que o club riveirense perciba unha serie de cantidades económicas segundo se materialice algunha incorporación dalgún xogador local ao Celta de Vigo.sí mesmo, o Celta comprométese a realizar cada ano un curso de formación e actualización de adestradores .

O segundo acordo versa sobre a creación dunha escola deportiva de fútbol entre ambos clubes entre os meses de setembro e xuño de cada ano dende a categoría prebenxamín e xuvenil. Dito convenio terá unha duración de 2 tempadas.

Manuel Ruiz quixo respaldar este acordo a través da súa presenza no momento da firma e salientou a importancia do labor que está a realizar o Atlético de Riveira á hora de potenciar a canteira.

https://www.youtube.com/watch?v=7d47VJI84rg

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.