Icono del sitio CanalBarbanza.com

DESMANTELADO UN PUNTO DE VENTA DE DROGA NA POBRA DO CARAMIÑAL.

Cartel de YouTube
A Garda Civil desmantela un punto de punta de sustancias estupefacientes na Pobra do Caramiñal. Segundo os datos do Instituto Armado, a investigación iniciouse cando se tivo coñecemento da posible existencia dun punto de subministro de sustancias ilegais a pequenos vendedores do municipio do Barbanza.

Nesta operación chamada “Hood Rebour” a Garda Civil logrou identificar á persoa xa coñecida polas forzas de seguridade por ilícitos da mesma índole, como suposto outra dun delito contra a saúde pública. Asi, nas súas pertenzas incautaron 900 doses de polen de haxix e preto de 300 mil euros en moeda fraccionada. Ademais, na súa vivenda encontraron 9.285 gramos de polen de haxix en pastillas preparadas para a súa venda,156 doses de cocaína e 240 euros en moeda fraccionada.

O detido, xunto as actualizacións realizadas, as substancias e o efectivo foron postos a disposición do Xulgado número 2 de Ribeira, decretando a Autoridade Xudicial o seu ingreso no centro penitenciario.

Salir de la versión móvil