Icono del sitio CanalBarbanza.com

O COYO CINCO DE RIBEIRA SUFRE UN INCENDIO. O PALANGREIRO DE RIBEIRA ESTABA EN RUTA CARA MINDELO, EN CABO VERDE

Cartel de YouTube
O Coyo 5 rexistrou un incendio na noite de onte. Os 8 tripulantes do palangreiro de Ribeira estaban en ruta cara Mindelo en Cabo verde cando se encontraron cun incendio que se orixinou na sala de máquinas. A súa rápida actuación evitou un mal maior, xa que en canto detectaron o lume pecharon o espazo afectado e activaron o sistema de extinción por CO2, que fixo que as chamas foran sufocadas.

A maiores, os mariñeiros activaron a chamada de socorro que alertou a Salvamento Marítimo de Madrid, que se coordinou cos servizos de rescate de Cabo Verde

O pesqueiro, construído en 2003, puido volver por rumbo a Mindelo despois de esperar que a fumareda dispersárase.

Salir de la versión móvil