Papagena é última creación da compañía viguesa ButacaZero que estará este sábado ás 21 horas no Auditorio Municipal de Muros. Unha ópera electrónica contemporánea en galego inspirada nos personaxes da célebre obra de Mozart, “A frauta máxica”.
Cunha implicación no territorio galego, Papagena busca romper cos clixés de xénero no mundo da creación operística e cortar con outras percepcións asociadas ao mundo da lírica como a lingua, os espazos de representación ou o formato.
O elenco está formando pola soprano noiesa Esperanza Mara e o barítono Jacobo Rubianas que estarán acompañados no escenario por Iago Hermo, compositor e director musical da peza. Así, a dirección de Papagena recae en Xavier Castiñeira e Esther Carrodeguas.
As persoas interesadas poden cmprar a súa entrada por 3,50 euros no teléfono o 981 76 22 94. A próxima parada desta ópera electrónica será o 18 de novembro en Boiro.


