Dous días para presentar instancias para a contratación de catro motobombistas e cinco brigadistas de prevención de incendios

O Concello de Riveira informa do inicio dos procesos selectivos para a contratación laboral temporal de distinto persoal para a prestación do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais na tempada de verán 2016.

Son en concreto catro condutores de vehículo motobomba e unha brigada de prevención e defensa contra os incendios forestais (1 xefe de brigada, 3 peóns e 1 peón condutor).

As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia que se prestará durante o prazo de 2 días hábiles (é dicir, sábado e luns).

As bases que rexen a convocatoria e o modelo de instancia están dispoñibles no Rexistro Xeral do Concello e na páxina web do Concello, www.riveira.gal.

https://www.youtube.com/watch?v=ddm2aB7DZbQ

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.