O Concello de Porto do Son recibe preto de 351 mil euros da Xunta para elaborar plans especiais de protección. O convenio foi asinado pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez e o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo. Súmase así ao asinado en outubro de máis de 500.000 euros para a rehabilitación da casa de Ríos
A finalidade deste convenio é adquirir e rehabilitar inmobles en estado deficiente de conservación como medida de protección do patrimonio cultural e arquitectónico, do medio ambiente, da paisaxe e do territorio.
A Porto do Son súmanse os concellos de Cerdedo-Cotobade, Cortegada, Lobios e Rubiá. Así, a Xunta destina máis de 660.000 euros en préstamos sen xuros, ao abeiro do Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. Estes préstamos, que deberán ser reintegrados polos municipios nun prazo de 8 anos.


