A Feira medieval de Noia arranca por todo o alto

Rúas engalanadas, bandeiras, alpacas e traxes do medievo levan a Noia a outra época, aquela que cada verán veciños e visitantes reviven gustosamente, o medievo. Dende o 15 de xullo e ata o 17 poden mergullarse nesta feira, probar xantares típicos, empanadas, quebac, chourizos, costela, filloas, feitos dunha maneira artesanal, tamén poden achegarse a algun dos 150 postos de artesanía, alimentación, cetrería, ferrería e demais instalados nas rúas da vila, comoo posto de empanadas e tartas do Tío manolo.
Xuglares, Bufóns, Malabaristas, cetreiros, pasarrúas, musica e baile, actividades para todolos gustos que a aqueles que visitan a feira medieval de Noia, fanos voltar.
Non deixen de visitar Noia este fin de semana, non o han esquecer.

https://www.youtube.com/watch?v=ftnu2vVB2Xg

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.