«Boiromotos 2016» celebrarase o 22, 23 e 24 de xullo

Boiro acollerá a concentración de motos «Boiromotos 2016» os días 22, 23 e 24 de xullo. A IX edición desta cita contará con diversas novidades como a apertura do Parque da Cachada ao paintball, un circuíto de seguridade vial para os nenos e inchables para que poidan xogar.

O sábado disporán do «2º Salón da Moto Boiromotos», do circuíto «Humor Amarillo», dunha mexilloada gratuíta con música tradicional, de exhibicións de Stunt a cargo de Switch Riders e da actuación do «home máis forte de España». Por outra banda, na xornada do domingo, terá lugar unha ruta turística.

O Concello de Boiro colabora con este evento, o cal se está convertindo nunha referente e símbolo dentro do programa festivo de verán da cidade.

O ano pasado chegaron aos 350 inscritos e asistiron miles de persoas. A inscrición de venres a domingo custa 35 euros, e de sábado a domingo, 25. A pesar de que as persoas inscritas gozan de vantaxes, este encontro é de balde para todo o mundo e destaca o seu programa amplo e variado para tódolos públicos. Non hai dúbida de que cada ano conseguirá un maior éxito.

https://www.youtube.com/watch?v=42UhJkns1n4

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.