Pasan a disposición xudicial os arrestados no marco da operación «globos» desenvolvida estes días no Barbanza

Este é o momento no que pasaban a disposición xudicial algúns dos detidos no marco da operación «Globos», desenrolada esta semana na comarca do Barbanza por axentes da policía nacional, a Udiyco e Unidades de Droga e Crimen Organizado, e axentes do Goit, grupo operativo de intervencións técnicas.
O primeiro en pasar a prestar delcaración polos Xulgado nº 2 de Ribeira foi o veciño da Ribeiriña L.M.D.B., de 29 anos , que era trasladado ás dependencias xudiciais pouco antes das dez da mañá, tras él , e preto das dúas da tarde, pasaba a disposición xudicial o aguiñense M.P.R. , de 60 anos.
Estaba previsto que pasase durante o longo do día o veciño de Oleiros, con iniciais F J P R, de 38 anos, considerado supostamente o líder da banda, e quen presuntamente sería a sua man dereita, o veciño da Avenida da Coruña, con iniciais M. P. B. . As declaracións continuaron ata última hora da tarde. Tras prestar declaración quedaron todos en libertade provisional.
Mentres o veciño da Ribeiriña, J.C.F.G., de 39 anos quedou onte en libertade provisional, ó igual que a muller, G.C.P.D., relacionada sentimentalmente con FJPR, ,
Con este operativo desmantélase unha organización criminal de venta de droga que operaba en todo o Barbanza dende Ribeira, e podría ter conexións en Castela e león, cuxo xulgado tamén abriu dilixencias.
Os rexistros practicáronse ó longo de todo o día, en vivendas da Ribeiriña, e en vivendas de Oleiros, Aguiño, Castiñeiras e a Avda da Coruña, en Ribeira.
Durante o operativo incautáronse 6 vehiculos, 30 gramos de cocaína, útiles para manexala droga e diñeiro en efectivo.
A operación continua aberta e non se descartan novas detencións.
A instruccion do caso é levada pola xuiza do xulgado de instrucción número 2 de Ribeira.

https://www.youtube.com/watch?v=p0egdnVBFqM

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.