Muros

Cae o prezo do bivalvo na campaña de libre marisqueo Noia Muros

Malia o bo comezo da campaña do libre marisqueo en Noia Muros iniciada o pasado 4 de xullo, os prezos do produto caeron en picado. Os mariscadores voltaban do mar desanimados dada a pouca cotizacion do bivalvo na rula de Esteiro esta semana. A ameixa rubia que comezou cotizando entre 9.30 e 9.80 euros o kilogramo, cotiza agora a 8,50, no caso do ameixón a cotización descendeu case á metade, pasando de cotizar nan subasta a 4 euros para facelo agora a 2,60.

Na campaña do libre participan mariscadores de Noia, Porto do Son e Muros, traballan con topes de 15 .kl de ameixón, 15 ameixa rubia e babosa. Menos no caso do ameixón, nas outras especies o tope esta difícil de tomar.

Unhas setenta embarcacións participan nesta camapaña do libre, que de non subir os prezos non será moi rentable para os mariscadores.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.