Aparatoso accidente en Carreira que se salda sen feridos

Pasaban uns minutos das dez da mañá cando un trailer que procedía de Couso sufria un aparatoso accidente e aplastaba literalmente un vehículo que estaba estacionado na estrada. O suceso tiña lugar en Carreira, na estrada 7.306 a altura do colexio da Capela, e obrigou a cortar o trafico durante toda a mañá. O camión procedía de cargar mercadoría da empresa Angel López Soto, saira as 6 da mañá dende Marín, sin problemas durante toda a viaxe, logo de recollela carga de productos conxelados saiu de Couso e a un par de kilómetros o remolque soltouse.
O conductor, que conta cunha ampla experiencia todavía non sabe como puido acontecer, bo susto levou o home.
A sorte quixo que neses intres non pasase persoa algunha polo lugar, polo que non houbo que lamentar feridos.
No lugar actuaron o Gaem de Ribeira, a policia local de Ribeira e a garda civil.
O suceso levantou gran expectación na zona, numerosos veciños achegáronse a ver o que acontecía. Un guindastre encargouse de retirar os vehículos.

https://www.youtube.com/watch?v=aDb8lHC-9lk

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.