O Concello de Porto do son lanza unha campaña de captación de socios para a piscina municipal

Dende a apertura da piscina municipal o pasado mes de maio, xa son moitas as persoas que acuden as instalacións con asiduidade, ximnasio, pistas de padel e piscina contan cun bo numero de usuarios polo que dende o concello están satisfeitos.

Esta noite o equipo de goberno levará a pleno a aprobación das taxas, a matrícula mantería unha cuota de 30 euros, porén dende o concello van lanzar unha campaña de captación de socios para que ata mediados de novembro os novos socios estén exentos de pago de matrícula.

De momento hai xa 130 abonados, o que lles da dereito a utilización da totalidade das instalacións, o goberno local agarda chegar ós 600 inscritos.

A partir de setembro comezarán coa preparación de cursos de iniciación, e clases para rapaces, polo que o complexo estará en plena actividade.

De momento os sonenses poden desfrutar de valde estas instalacións.

https://www.youtube.com/watch?v=m1nhKnFpyvc

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.