Sin categoría

A Xunta activa catro liñas de axudas por 15M€ para impulsar a mellora da cualificación e inserción laboral de case 3.700 persoas sen traballo

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, na rolda de prensa posterior ao Consello, que a Xunta vai activar catro programas de apoios para impulsar a mellora da cualificación e a inserción laboral de case 3.700 persoas sen traballo. Con isto, búscase axudar a ampliar as súas oportunidades laborais e incentivar a súa contratación por parte das empresas. O investimento total destas liñas específicas está valorado en 15 millóns de euros.

Precisa que a primeira liña de axudas, o programa Aprol Rural, destinará 6,9 millóns a entidades locais emprazadas no rural cuxa poboación sexa igual ou inferior a 10.000 habitantes co fin de contratar a tempo completo traballadores para realizar obras ou servizos de interese xeral e social. En total, beneficiaranse 900 persoas desempregadas e un total de 250 municipios
O segundo programa de apoios vai dirixido a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de 20 lanzadeiras de emprego, nas que se investirán 4 millóns de euros, un 40% máis que en 2015, e poderán a beneficiar a 1.200 desempregados durante 12 meses
En terceiro lugar, destinaranse preto de 3 millóns de euros ás Unidades Formativas en Empresas coas que a Xunta financiará o 100% da formación nas empresas que se comprometan á contratación. Preténdese beneficiar a 900 persoas sen emprego a través da posta en marcha de 60 unidades formativas
Por último, poñeranse en marcha incentivos á contratación de traballadores con maiores dificultades de inserción laboral. Así, a través de axudas de entre 1.200 ata 10.000 euros, segundo a modalidade do programa, buscarase incentivar a creación de emprego entre estas persoas e incrementar a súa estabilidade laboral

Salir de la versión móvil