O consello da xunta autoriza as expropiacións para a nova conexión desde PORTOBRAVO, EN LOUSAME, COA VAP SANTIAGO-NOIA

O Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto polo que se declara en concreto a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado e o estudo de impacto ambiental da obra de conexión do núcleo de Portobravo, en no concello de Lousame, coa vía de altas prestacións que une Noia con Santiago. O Decreto de utilidade pública comprende as expropiacións dos 157 predios necesarios para a execución dunha nova conexión desde a estrada Santiago-Noia en Sampaio coa AC-308 no núcleo de Portobravo, no concello de Lousame. A conexión proxectada permitirá que, partindo do enlace de Sampaio entre a VAP Brión- Noia e a AC-543 , e discorrendo a través desta e da nova vía prevista, os usuarios se acheguen ao núcleo de Portobravo por un itinerario mais áxil e seguro, evitando o tráfico de características máis urbanas da travesía de Noia. Os traballos contarán cun investimento da Xunta de arredor de 1,3 millóns de euros, para os que xa está reservada unha partida específica nos orzamentos deste ano e tamén para exercicios futuros. A consellería de Infraestruturas e Vivenda ten previsto executar en dúas fases as obras que se definen no proxecto de trazado, que se desenvolverán mediante dous proxectos de construción diferenciados; en primeiro lugar executarase a vía de novo trazado entre Portobravo (AC-308) e A Fialla (AC-311); e posteriormente acometerase o acondicionamento da vía existente desde este punto ata a AC-543. A Axencia Galega de Infraestruturas xa rematou a redacción do proxecto construtivo en que se desenvolve a nova infraestrutura entre a AC-308 e a AC-311, que está xa en fase de supervisión. O Goberno autonómico ten previsto licitar neste verán o contrato para a súa execución.
A vía deseñado, que en total contará cunha lonxitude próxima a 1,2 quilómetros, ten dúas partes diferenciadas: o tramo inicial, unha nova infraestrutura que conecta a AC- 308 coa AC-311, e o tramo final, que se apoia nunha estrada da Deputación da Coruña que será acondicionada ata acadar a AC-543. O novo trazado iníciase na estrada AC-308, nas proximidades de Portobravo, cunha glorieta. Esta nova estrada permitirá reducir en algo mais dun quilómetro a lonxitude que percorren os usuarios, que ademais evitarán a intersección actualmente existente entre as estradas AC-311 e AC-308, moi encaixada entre edificacións e de reducida visibilidade.

https://www.youtube.com/watch?v=0PFkE6JC7QE

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.