As paredes da casa consistorial de Ribeira contan con novos inquilinos. Unha nova exposición vén de desembarcar no concello ribeirense, formada por medio centenar de fotografías. Chámase “Pinceladas” e o seu autor e Jose Luis Gigirey, que dende hai 10 anos quedou prendido desta arte logo de dar un paseo polo bosque.

