Icono del sitio CanalBarbanza.com

A AUGA A PROTAGONISTA DA NOVA EXPOSICIÓN EN PORTOSÍN. UNHA MOSTRA QUE CONTRIBUIRÁ A UN FIN SOLIDARIO

Cartel de YouTube
A Sala de exposicións da Axencia de Lectura de Portosín acolle ata o 1 de decembro a exposición de Manuel Valcárcel: Auga o sangue da terra. Unha mostra de preto de 30 fotografías onde o autor recolle imaxes por numerosos puntos do mundo onde a auga esta presente como factor vital para o funcionamento do planeta. Dende Nova Zelanda ata o deserto de Atacama, Manuel Valcárcel fotografou os lugares onde a presencia ou ausencia de auga determinou culturas, paisaxes e ecosistemas.

Salir de la versión móvil