O Centro de información á muller de Porto do Son ofrece deden este mes asesoramento xurídico

Dende este mes de xullo o CIM de Porto do Son ofrece asesoramento xurídico ás mulleres vítimas de violencia de xénero, ampliando así os servizos que xa viña ofrecendo nos últimos anos. Segundo explicou a tenente de alcalde María Maneiro, a intención do executivo sonense é rematar coa lacra que supón a violencia de xénero, e facilitar o asesoramento ás persoas que a sufren. Tras anos ofrecendo o servizo de atención psicolóxica, agora ponse en funcionamento o xurídico, para evitar que as persoas que o precisen teñan que desprazarse o CIM de Ribeira ou o de Noia.

As persoas que precisan este servizo deben solicitar cita previa.

De momento hai 3 mulleres utilizando xa este servizo.

https://www.youtube.com/watch?v=U_kiZ7kan9w

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.