Identificar as carencias de accesibilidade no camiño de Santiago “A Orixe” foi o obxectivo do estudo de Amicos, “Abrindo Camiño”. Un equipo de validadores, formado por 4 usuarios e 3 técnicos percorreron os 120 Qm que conectan o faro de Corrubedo (Ribeira) con Santiago de Compostela, a través das súas 6 etapas para detectar os fallos na sinalización.
Esta mañá, o estudo foi presentado por Amicos, xunto a un vídeo explicativo no que se amosa a colocación do primeiro sinal de accesibilidade do Camiño “A Orixe”. Tamén asistiu o presidente da Asociación Amigos do Camiño Barbanza a Orixe e a xerente da mancomunidade do Barbanza Arousa.


