As contas da área económica para o próximo ano crecen un 12% ata situarse nos 524 millóns de euros. Así o confirmo esta mañá o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, no Parlamento. O obxectivo é impulsar a axenda industrial para a Galicia de 2030, que concentra sete de cada dez euros do presuposto (360 M€).
Trátase de promover a transformación enerxética e dixital do modelo produtivo. Neste eido, a Xunta de Galicia porá á disposición do tecido empresarial todos os incentivos e as medidas de acompañamento necesarias para desenvolver proxectos innovadores e sostibles


