Dende o pasado día 11 de outubro Noia foi a protagonista da súa propia curtametraxe. Unha nova edición da Mostra de Curtas desembarcou na vila, enchendo de proxeccións e de artistas as rúas e o Coliseo Noela. Lugar onde tamén se puxo o punto e final a esta XXIII entrega do certame coa súa gala. O danés Mads Koudal, director de “Tonser”, foi o gañador do premio á mellor curtametraxe, amosando de primeira man a internacionalidade da mostra.
O DANÉS MADS KOUDAL FÍXOSE CO GALARDÓN A MELLOR CURTA POLO SEU TRABALLO “TONSER”.


