Catro persoas resultaron feridas nun accidente no corredor Santiago-Noia. A colisión que tivo lugar preto das nove e media da mañá deixou tres coches implicados. Das 4 persoas feridas unha delas tivo que ser liberada polos Bombeiros de Xallas e o CGES de Brión, e evacuada en helicóptero ao Hospital Clínico de Santiago de Compostela.
O accidente ocorreu no quilómetro 13 da carreteira en dirección a Noia e á altura da parroquia de Boullón. Segundo a Garda Civil o accidente foi debido a un choque frontal de dous vehículos, o que resultou que un deles impactara contra o terceiro.
Ata alí se desprazaron os servizos de emerxencias, Garda Civil de Tráfico, o CGES de Brión, os Bombeiros de Santa Comba, 061, Policía Local e os servizos de mantemento do vial.
A circulación quedou restablecida completamente sobre as 12 da mañá.
COLISIÓN NO CORREDOR SANTIAGO-NOIA.


