A operación antidroga desenvolveuse dende primeira hora da mañá, e continúa aberta nestes intres, nela están a participar axentes da comisaría de policía nacional de Ribeira e tamén de fora da comarca. Durante todo o día os axentes realizaron rexistros en vivendas da Ribeiriña, na Pobra, e en Oleiros e a Avenida da Coruña, en Ribeira.
Pouco trascendeu de momento desta operación antidroga, máis xa hai cinco persoas detidas, que foron trasladadas ós calabozos da policía local de Ribeira.
Axentes da policia nacional rexistraron varias vivendas de Ribeira e A Pobra e detiveron a cinco persoas.
Please login to join discussion