Os alcaldes de Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira celebraron esta mañá un pleno da mancomunidade Arousa Norte no que entre outros asuntos despedíronse da antiga xerencia, unha vez foi adxudicada a IN9EVENTOS a xerencia deste organismo durante dous anos. O Presidente da mancomunidade, Manuel Ruiz, agradeceu o traballo realizado durante estes anos, en especial a Irene Maneiro, a xerente da Mancomunidade ata hoxe.
Na sesión plenaria celebrada esta mañá aprobouse a conta xeral cun remanente positivo, ademais fíxose balance das actividades que se viñeron desenrolando de maneira satisfactoria ó longo dos últimos meses, tempo no que se puxeron en marcha varios proxectos que continuarán baixo a nova xerencia, tamén se falou de proxectos novos, que se realizarán este verán, como o proxecto de vermouths mariñeiros.