O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, apuntou o pasado venres no parlamento que o cambio no modelo de reparto das cotas de pesca do cerco defendido pola oposición, e no que se prima o número de tripulantes en vez da fórmula mixta actual que tamén ten en conta as descargas históricas, suporía a perda dun 20 por cento das posibilidades de pesca que na actualidade ten a flota galega.
Para o deputado do BNG no Parlamento, Daniel Rodas, o actual reparto é inxusto, afirma que o sentido común dicta facer un reparto de cuota garantindo a viabilidade da flota.
Rodas destaca que o modelo que defende a Xunta de Galicia rematará co desguace da flota do cerco.